arriba
 

 
PortadaseparatorO centroseparatorO comedor escolar


O comedor escolar

 img#16602O servizo de comedor escolar é prestado pola mesma empresa que atende ao Centro Residencial Docente. É dicir compartimos espazo.

Os residentes teñen o almorzo, xantar, merenda e cea tódolos días; e o alumnado do IES só fan o xantar do luns, pero o menú é o mesmo.

Os luns o alumnado do IES come de 13:10 a 13:50, e os residentes van chegando a partir das 14:00 horas.

Para informarse das características do servizo e dos menús (fixarse só na comida do luns), deixámosvos o enlace á súa páxina:

ENLACE

NORMAS A TER EN CONTA MOI IMPORTANTES

  • O centro só dispón de 200 prazas de comedor autorizadas pola Consellería de Educación, e non hai posibilidades de incrementalas máis. De existir máis soliciudes que prazas a comezo de curso aplicaríase o baremo establecido nas instruccións de comedor. O alumnado que non conseguira praza nese momento quedaría en lista de espera das posibles baixas que se vaian producindo.
  • O servizo ofrécese só ao alumnado da ESO e FP Básica de transporte escolar, e de existir prazas vacantes, ao resto do alumnado da ESO.
  • Para obter praza hai que solicitalo co formulario correspondente que se inclúe no sobre de matrícula. Solicitar praza na matrícula non significa que se ten praza no comedor. Haberá que esperar a que se publique o listado de admitidos e excluídos, e esa será a admisión oficial no comedor.
  • A cada alumno/a de comedor se lle entrega unha tarxeta de comedor a principio de curso cando entra por primeira vez. Debe conservar a tarxeta durante todos os anos que utilice o servizo. O obxectivo da tarxeta é que poidan fichar á entrada do comedor e deste modo poder controlar as ausencias. A perda da tarxeta ou non traela durante 3 luns supón que o alumno está obrigado a renovala (entrégaselle unha nova). Para iso terá que acudir a secretaría nun recreo e abonar a cantidade de 5 euros (acordo adoptado en Consello Escolar e incluido nas NOFC do IES). Entregaráselle un recibo do importe abonado que deberá usar mentres non se lle entregue fisicamente a nova tarxeta.
  • A non asistencia inxustificada ao comedor por varios días dará lugar á perda do dereito a comedor e a baixa no servizo (normativa establecida nas instrucción de comedor).
  • O centro controlará a asistencia ou inasistencia do alumnado ao comedor mediante o sistema de fichaxe das tarxetas que teñen os alumnos. Os pais e nais deben descargar a aplicación Tokapp School para poder recibir ao instante os avisos de faltas. O sistema Abalar tamén se utilizará pero non é un sistema de aviso instantáneo.

Hay que ter presente que cando un alumno entrega a súa matrícula debe entregar no


PDC

Descargar Abalar en Android