O seguro escolar
O seguro escolar pode dar dereito a:
- Unha prestación sanitaria en caso de accidente escolar
- Unha prestación económica en determinados casos. Máis información
Quén debe aboar a cota do Seguro Escolar?
- Todo o alumnado menor de 28 anos que se matricule en 3º ou 4º de ESO, Bacharelato, Formación Profesional ou FP Básica.
Cándo hai que aboar a cota do Seguro Escolar?
- No momento de formalizar a matrícula
Cánto hai que aboar?
- 1,12 €
Protocolo de actuación en caso de accidente escolar
Alumnado de 1º ou 2º de ESO
Sen cobertura polo Seguro Escolar
Comunicar o feito ao/á profesor/a, ao xefe de estudos e na secretaría.
O feito poráse en coñecemento dos pais.
No caso de que fose preciso, avisaranse aos servizos de urxencias 112.
Un/unha profesor/a (preferiblemente dos/as que estean de garda) acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais.
-
O alumnado con prestación da Seguridade Social, recibirá asistencia sanitaria no Centro de Saúde da Cuña ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). No caso de que os pais dean chegado a tempo poden eles levalo ao seu centro de saúde habitual.
-
O alumnado con seguro privado, recibirá asistencia no centro que lle corresponda.
A prestación será cuberta coa tarxeta sanitaria do/a alumno/a.
O alumnado con prestación da Seguridade Social, cando reciban no seu domicilio o Modelo de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES para a súa posterior tramitación.
Alumnado de 3º ou 4º de ESO, Bacharelato, Formación Profesional ou FPB (menores de 28 anos)
Con cobertura polo Seguro Escolar
Comunicar o feito ao/á profesor/a, ao xefe de estudos e na secretaría.
O feito porase en coñecemento dos pais ou familiares.
No caso de que fose preciso, avisarase ao servizo de urxencias 112.
Un/unha profesor/a (preferiblemente dos/as que estean de garda) acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais ou familiares.
- A sistencia sanitaria recibirase no Centro de Saúde da Cuña ou no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Tamén se poderá acudir ao Centro Médico El Carmen.
Unha vez recibida a asistencia sanitaria, deberán achegar á secretaría do IES o parte de asistencia médica.
A prestación será cuberta polo Seguro Escolar.
No caso de recibir no seu domicilio a comunicación de Prefacturación, deberano entregar na secretaría do IES para a súa posterior tramitación.
Para calquera outro accidente que non tivese lugar no centro ou realizando actividades promovidas polo mesmo, non será necesario realizar todos estes trámites, polo que, simplemente, deberían acudir a un centro sanitario coa súa correspondente