arriba
 

 


Alerta escolar

Alerta escolar - Foto

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha hai moitos anos, o programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.

Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.

¿Qué deben facer as familias que se atopen neste caso?

  • Descargar o formulario e entregalo asinado no IES
  • Acompañar á solicitude os informes médicos da patoloxía do alumno/a, incluíndo nel a medicación que sexa necesaria administrar no caso de crises agudas.

Descargar Abalar en Android