A orientadora educativa Marta, que estivo hai anos na Laboral, explícavos en catro minutos os novos cambios en canto a promoción e titulación na ESO
A orde do 25 de xaneiro do 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación, promoción e titulación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia, introduce unha serie de modificacións na avaliación, promoción e titulación das diferentes etapas educativas que foi preciso recoller nos documentos do centro.
Os aspectos máis destacados da orde son:
- Impleméntanse novos criterios de avaliación, promoción e titulación.
- Desaparece a convocatoria extraordinaria na ESO. O alumnado terá 3 avaliacións e unha avaliación final. Tanto a 3º avaliación como a avaliación final celebrarase no mes de xuño.
- No Bacharelato conservase a proba extraordinaria que se celebrará no mes de xuño.
- No período que vai desde a 3ª avaliación ou a avaliación ordinaria de Bacharelato ata o fin de curso desenvolveranse actividades de recuperación, reforzo e ampliación para todo o alumando (o período lectivo remata o 22 de xuño).
- Permanencias:
- Unha soa vez, e dous como máximo ao longo do ensino obrigatorio (Primaria e Secundaria)
- De xeito excepcional, sempre que se considere favorable, un ano máis en 4º ESO.
- No caso de Bacharelato, o alumnado ten catro anos para facer os dous cursos.
Os documentos de centro que recollen estas modificacións curriculares son:
Criterios de promoción e titulación do centro (aprobados en claustro 12 de maio de 2022).
Adendas nas programacións didácticas dos distintos departamentos onde se recollen as novidades sobre a avaliación.