A orientadora educativa Marta, que estivo hai anos na Laboral, explícavos en catro minutos os novos cambios en canto a promoción e titulación no Bacharelato.
A orde do 25 de xaneiro do 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación, promoción e titulación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia, introduce unha serie de modificacións na avaliación, promoción e titulación das diferentes etapas educativas que foi preciso recoller nos documentos do centro.
Os documentos de centro que recollen estas modificacións curriculares son:
Criterios de promoción e titulación do centro (aprobados en claustro 12 de maio de 2022).
Adendas nas programacións didácticas dos distintos departamentos onde se recollen as novidades sobre a avaliación.