Club de lectura
O noso club de lectura comezou as súas actividades alá polo curso 2010/11, e durante este tempo foron moitas as actividades de fomento da lectura que realizaron. Algunhas están deseñadas para todo o centro, e outras só para os seus integrantes.
O club está coordinado polo departamento de lingua castelá, que é a donde debedes dirixirvos para integrarvos nel.
Existe o club de lectura de alumnado e tamén o club de nais e pais.
Entre as actividades que realizan destacan as seguintes:
- Excursión cultural para 1º e 2º de ESO
- Excursión cultural para 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos
- Excursión cultural para nais e pais
- Tertulias literarias ao longo de todo o curso (no centro e fóra del)
- Noite golfa (actividades lúdicas pola noite no IES xa rematado o curso, no mes de xuño)
- Conferencias, charlas...
- E como non, actividades de lecturas recomendadas