A aula de emprendemento
A Universidade Laboral desenvolve desde o curso 2021/22 o proxecto de Aula de Emprendemento.
A actuación Aulas de emprendemento na formación profesional enmárcase no marco do fomento do emprendemento desenvolvido polo Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, constituíndo unha estratexia para impulsar as habilidades persoais e profesionais encamiñadas a potenciar o emprendemento e o autoemprego.
Esta actuación establécese dentro da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Ministerio de Educación y Formación Profesional para o desenvolvemento do Plan de Formación Profesional para el crecimiento económico y social y la empleabilidad enmarcado na segunda fase do Plan Estratégico de la Formación Profesional, na Agenda 2030 e nos Objetivos de Desarrollo Sostenible del Estado.
Este proxecto supuxo a creación dun espazo dedicado ao emprendemento dentro do IES para desenvolver as habilidades emprendedoras entre o alumnado de Ciclos Formativos. Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.
É o paso previo á creación do "Viveiro de Empresas", co que pensamos contar nos próximos anos.
A aula desenvolve ao longo do ano multitude de actividades formativas de fomento do emprendemento.
A coordinadora do proxecto e Luisa Areán Taboada, profesora de Formación e Orientación Laboral