arriba
 

 
PortadaseparatorMáis informaciónseparatorPunto Laranxa contra o acoso escolar


Punto Laranxa contra o acoso escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar - Foto

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma.

Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do denominado Punto Laranxa en cada un dos centros de ensino. Trátase dun espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

No centro contamos co Punto Laranxa ao carón da sala de mediación. Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar. Tamén se pode enviar email a ies.universidade.laboral@edu.xunta.gal

Ademais, constituíuse o denominado Equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), un equipo docente encargado de levar adiante as medidas establecidas no devandito protocolo con relación á detección e á intervención ante posibles casos de acoso e ciberacoso escolar. Este equipo está formado por:

  • A dirección do centro:Francisco Javier González Álvarez
  • Xefatura do departamento de orientación: Carlos Malvar Rodríguez
  • A coordinadora de benestar e convivencia do IES: Natalia Casas Ferreño
  • Un/unha docente nomeado/a pola dirección do centro para cada caso en función do alumnado implicado, que será a persoa instrutora do procedemento corrector, de ser necesario.

Descargar Abalar en Android