arriba
 

 
PortadaseparatorMáis informaciónseparatorProhibición dos teléfonos Móbiles no IES


Prohibición dos teléfonos Móbiles no IES

Prohibición dos teléfonos Móbiles no IES - Foto

Informamos da seguinte información referida ao uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos:
O artigo 16, apartado b) da lei 4/2011, e o artigo 19, punto 4 do decreto 8/2015, din:
"Prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica".

O claustro de profesorado en sesión extraordinaria do 11 de setembro de 2023 aprobou que, o incumprimento desta norma (incluído telo gardado pero encendido), conlevará as seguintes sancións:

  • Primeira vez: Amoestación verbal e anotación no XADE por parte do profesor que observou a falta.
  • Segunda vez: Sanción anterior á que se engaden tres días de tarefas de limpeza definida por Xefatura de estudos.
  • Terceira vez: Sanción anterior á que se engaden dúas semanas sen participar en ningunha actividade extraescolar. (Próxima actividade extraescolar se non houbese nas seguintes dúas semanas) No caso de que ésta xa estivese pagada, non se devolverán os cartos.
  • Reiteración (4ª vez): Tres días de expulsión do centro.

No que se refire á ESO e FP Básica, esta prohibición inclúe toda a xornada escolar e todos os lugares (incluídos recreos e tempos de lecer). En bacharelato e Ciclos Formativos esta medida só afecta ao interior do IES.

Esperamos que esta medida axude a mellorar o clima de convivencia no centro para o cal pedimos a súa colaboración.


Descargar Abalar en Android