CM Electromecánica de vehículos automóbiles
A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector da automoción, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Réximes: ordinario (mañá) e ordinario (tarde)
Horarios:
- Ordinario mañá: de 08:05 horas (dous días) e 08:30 horas (tres días) a 14:50 horas
- Ordinario tarde: de 15:10 horas a 21:55 horas (dous días) e 21:30 horas (tres días)
- DUAL intensivo: horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso en función do convenio)
Ciclo formativo de grao medio: 2000 horas /dous cursos académicos