CS Automoción
A competencia xeral deste título consiste en organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector de automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo..
Réximes: ordinario (mañá), ONLINE e DUAL intensivo (tarde)
Horarios:
- Ordinario mañá: de 08:05 horas (dous días) e 08:30 horas (tres días) a 14:50 horas
- ONLINE: horario de titorías de mañá e tarde. Clases presenciais voluntarias en horario de tarde
- DUAL intensivo: horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso en función do convenio)
Ciclo formativo de grao superior: 2000 horas /dous cursos académicos