FP Básica de Mantemento de vehículos
A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
Réxime: ordinario (mañá)
Horario:
- Ordinario mañá: Luns de 8:30 horas a 13:10 horas, e de 15:10 a 17:40 horas. De martes a venres de 8:30 horas a 14:00 horas
- Ciclo formativo de grao básico: 2000 horas /dous cursos académicos