CS de Mecatrónica Industrial
A competencia xeral deste título consiste en configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
Réximes: ordinario (mañá) e DUAL intensivo (tarde)
Horarios:
- Ordinario mañá: de 08:05 horas (dous días) e 08:30 horas (tres días) a 14:50 horas
- DUAL intensivo: horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso en función do convenio)
Ciclo formativo de grao superior: 2000 horas /dous cursos académicos