Curso de especialización en Dixitalización do Mantemento Industrial
A competencia xeral deste título consiste en implantar e xestionar proxectos de dixitalización do mantemento en contornos industriais, aplicando as tecnoloxías de última xeración e cumprindo os requisitos de calidade, seguridade e respecto ambiental.
Réximes: ordinario (tarde)
Horarios:
- Ordinario tarde: horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso escolar en función das necesidades do alumnado)
Curso de especialización en FP (máster): 600 horas /un curso académico