Plan lectura e familias
O noso club de lectura de adultos leva moitos anos funcionando. Está formado por nais, pais de alumnado matriculados e que xa son antigos alumnos, tamén por profesorado en activo e xubilados. E en definitiva todas aquelas persoas que teñen gusto pola lectura e as actividades culturais en xeral. O club está aberto a todas as persoas que queiran formar parte del.
O club está coordinado polo departamento de lingua castelá.
Entre as actividades que realizan destacan as seguintes:
- Viaxes culturais por Galicia e toda España.
- Tertulias literarias.
- Conferencias, charlas...
- Teatro de adultos.
- Coro musical.
- E como non, actividades de lecturas recomendadas.









