Reserva de horas do polideportivo da Universidade Laboral
Recibidas no anterior curso escolar, tanto no IES Universidade Laboral coma no Centro Residencial Docente, solicitudes para o uso do polideportivo, que é de titularidade de ambos centros. Temos que comunicar que as solicitudes excedían en principio amplamente as horas dispoñibles para a cesión (20 á semana), con moitas horas solapadas, polo que ambas entidades resolveron asinar un convenio de colaboración entre elas para regular esta cesión a terceiros, por curso escolar. O obxectivo do mesmo é que se poda realizar unha asignación de horas que sexa equitativa e transparente.
Ábriuse pois un prazo ata o 30 de setembro (a partir do curso que ven este prazo será no mes de xullo) para que os clubs/entidades interesados poidan realizar as súas solicitudes (indicando as horas preferentes), e entregar a documentación xustificativa. As solicitudes envianse sempre por email a ies.universidade.laboral@edu.xunta.gal
Realizada a adxudicación e confirmadas as horas, as reservas a 31 de outubro son as da imaxe superior