arriba
Luns, 17-Marzo-2025   |    Acceso privado

 

 
Portadaseparator50 AniversarioseparatorPistoletazo de saída do 50 aniversario


Pistoletazo de saída do 50 aniversario

O venres 21 de febreiro demos o pistoletazo de saída dos actos institucionais do 50 aniversario da Universidade laboral. Realizouse a inauguración do mural que a partir de agora presidirá o hall de entrada do IES, que reflicte o lema que queremos transmitir neste aniversario: EDUCANDO EN IGUALDADE.

Estiveron presentes tódalas institucións, a Xunta de Galicia, O Concello de Ourense e a  Diputación Provincial de Ourense. Asistiron diversas autoridades, entre as que destacan: o Conselleiro de Educación, Don Román Rodríguez González; o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Don Manuel Pardo Cid; a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dona Judith Fernández Novoa; O Xefe Territorial da Consellería de Educación en Ourense, Don Jorge Rubén Sampedro Grande; o deputado Provincial, Don Rosendo Luis Fernández Fernández; e a Concelleira de Educación do Concello de Ourense, Dona Tamara Silva Cid.

Por suposto, estivo presente o pintor, Mon Devane, que tivo a posibilidade de explicarnos a súa obra.

O acto estivo amenizado magnificamente coas actuacións musicais Elena Bugallo ao piano e Brais García coa gaita, alunos/as de terceiro de ESO. Tamén estivo o coro de voces de nais, pais, avós, ex profesorado e amigos da Laboral, baixo a excelente dirección de Salomé. ¡Mil gracias a todos eles!.

 

Este primeiro acto foi amplamente seguido por tódolos medios de comunicación escritos e redes sociais:


Pistoletazo de saída do 50 aniversario - Foto 1
Pistoletazo de saída do 50 aniversario - Foto 2
Pistoletazo de saída do 50 aniversario - Foto 3
Pistoletazo de saída do 50 aniversario - Foto 4
Pistoletazo de saída do 50 aniversario - Foto 5

Descargar Abalar en Android