arriba
 

 
PortadaseparatorRadio LaboralseparatorPrimeiro día da Radio Laboral


Primeiro día da Radio Laboral

Na Laboral estamos de estrea! Xa Temos montado o equipo da nosa radio nas novas instalacións da Aula Ateca!
O alumnado de 3° ESO de Oratoria inaugurou a radio cun programa especial sobre as distintas tradicións e celebracións do Entroido que temos en Galicia. Durante varias semanas estiveron buscando información e escribindo os guións para despois gravar e editar cada pódcast.
Xa tedes dispoñible o primeiro episodio no que viaxamos a Cobres, Vilaboa, na provincia de Pontevedra para coñecer a festa das madamas e os galanes, os únicos traxes do Entroido galego que non levan máscara.
Estade pendentes, que nas próximas semanas colgaremos os seguintes episodios en Radio Laboral!!

Escoitao en go.ivoox.com


Primeiro día da Radio Laboral - Foto 1
Primeiro día da Radio Laboral - Foto 2
Primeiro día da Radio Laboral - Foto 3
Primeiro día da Radio Laboral - Foto 4
Primeiro día da Radio Laboral - Foto 5

Descargar Abalar en Android