arriba
 

 
PortadaseparatorA Laboral na prensaseparatorAs catedrais educativas de Galicia


As catedrais educativas de Galicia

As catedrais educativas de Galicia - Foto

A Consellería de Educación ven de seleccionar a 25 centros educativos da nosa comunidade polo seu valor patrimonial, histórico, arquitectónico e educativo, nun proxecto que deron en chamar As catedrais educativas de Galicia. Trátase dun recoñecemento moi importante e que dará lugar a unha publicación na que se dará a coñecer a cada un deles como se merece.

Na provincia de Ourense están seleccionados tres centros educativos que entre outras cousas son xoias arquitectónicas:

  • O IES Universidade Laboral
  • O IES Otero Pedraio
  • O IES de Celanova

Na foto o Conselleiro de Educación cos 25 directores/as dos centros.

Toda unha honra para cada un dos tres centros ourensáns, e para nós en particular coincidindo co noso 50 aniversario.


Descargar Abalar en Android