arriba
 

 
PortadaseparatorA Laboral na prensaseparatorO día do pobo xitano na Laboral


O día do pobo xitano na Laboral

O día do pobo xitano na Laboral - Foto

No ano 2024 tivemos a inmensa honra de celebrar o Día do Pobo Xitano na Laboral.

Ese ano graduáronse dúas alumnas xitanas moi queridas na Laboral:

  • Érika Dos Anjos Dos Anjos (estudou a ESO, Bacharelato de Ciencias e o CS de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos)
  • Érika Machado Dos Anjos (estudou a ESO e o Bacharelato de Humanidades e CC. Sociais)

As súas cualificacións foron excelentes, e participaron moi activamente na vida cultural da Laboral durante toda a súa etapa escolar. 

O Secretariado Xitano de Ourense co que colaboramos estreitamente desde hai anos considerou que a Universidade Laboral era o lugar adecuado para esa celebración. Un acto ao que acudiron diferentes autoridades.

A Voz de Galicia

Faro de Vigo

A Rexión


Descargar Abalar en Android