Admisión e Matrícula: curso 2025-26

Admisión e matrícula
Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída dela, polo que calquera dúbida ou contradición resolverase sempre atendendo á normativa vixente.
- Calendario de admisión Réxime ordinario e Réxime a distancia
- Calendario de admisións FP Básica
- Calendario de admisión FP Dual Intensiva
- Calendario de admisión Cursos de especialización
Antes da inscripción e matrícula debe consultar a oferta educativa onde atopará os requisitos tanto de idade como académicos que debe reunir.
Ensinanzas no réxime de adultos (modular-distancia): para consultar os módulos por ciclo formativo pode facelo dende o enlace anterior ou ben premer en itinerarios formativos nas ensinanzas de adultos, poderá consultar a oferta e as recomendacións por ciclo formativo picando no que corresponda.
PRIMEIRO HAI QUE REALIZAR A PREINSCRICIÓN (vía WEB)
do 16 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas na aplicación informática.
- Automoción
- Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
- Alumnado que repite primeiro curso
- Alumnado que se matricula por primeira vez
Intruccións e toda a información na web da Consellería AQUÍ
RECLAMACIÓNS CONTRA ÁS LISTAXES:
O prazo para reclamar é dende o 8 de xullo ás 9:00 ao 10 de xullo ás 13:00 horas
SEGUNDO, unha vez obtida praza hai que realizar a MATRÍCULA:
Poderase solicitar matrícula na praza adxudicada vía web na aplicación informática. (Esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial). Para o 1º curso do réxime ordinario e para o réxime para as persoas adultas na modalidade a distancia poderase realizar a solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet.
Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de inscrición coa que se obtivo a praza adxudicada.
A solicitude de matrícula web deberá facerse no prazo indicado no calendario para esa adxudicación. O centro, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e a documentación. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado.
A matrícula tamén se pode realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
RECORDA: Para que a matrícula sexa efectiva o alumnado menor de 28 anos debe realizar o ingreso do importe do Seguro Escolar. Deberase aportar o xustificante por correo electrónico (ies.universidade.laboral@edu.xunta.gal) para o alumnado que opte pola matrícula de forma telemática e no momento da matrícula para o que o faga presencialmente no centro.
Datos para o ingreso:
Nº de conta: ES15 2080 5259 0530 4000 6636 (ABANCA)
Importe: 1,12€
Concepto: Seguro Escolar (No resgardo debe constar obrigatoriamente o nome d@ alumn@ que se matricula e o ciclo)
PRAZOS:
Todo o alumnado que teña praza adxudicada deberá facer efectiva a matrícula nas seguintes datas:
- Matrícula para alumnado na 1ª adxudicación: do 15 ao 18 de xullo ás 13 horas.
- Matrícula para alumnado na 2ª adxudicación: do 22 ao 24 de xullo ás 13 horas.
- Matrícula para alumnado na 3ª adxudicación: do 29 ao 31 de xullo ás 13:00 horas.
- Matrícula continuada (ciclos con prazas liberadas): do 1 ao 26 de setembro.
INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DO RÉXIME MODULAR A DISTANCIA:
- Instruccións para a formación profesional a distancia.
- Videotitorial de acceso á plataforma de FP a distancia.
- Guía do alumnado.
- Itinerarios formativos nas ensinanzas de adultos.
PREINSCRICIÓN do 23 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas.
Tamén para o seguinte alumnado:
- Alumnado que se matricule na FCT e Proxecto de Réxime modular.
O alumnado que esgotase o número máximo de convocatorias previstas para cada módulo profesional poderá solicitar, ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, unha convocatoria extraordinaria para rematar os seus estudos, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias, que se deberán acreditar documentalmente:
- Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna como de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, no período correspondente á última convocatoria ordinaria.
- Discapacidade que implique autorización de flexibilización modular para completar os estudos.
- Sufrimento dunha situación de violencia de xénero.
- Calquera outra circunstancia que condicione ou impida o desenvolvemento ordinario dos estudos.
A solicitude deberase presentar na secretaría do centro educativo onde se cursase a última convocatoria das ensinanzas de formación profesional.
O prazo de presentación de solicitudes de convocatoria extraordinaria abranguerá desde o 17 de xuño ao 15 de setembro de cada ano.
Podes descargar o formulario de solicitude AQUÍ.
No caso de que sexa concedida a convocatoria extraordinaria, o alumno ou a alumna deberán formalizar a matrícula nun centro educativo para rematar os seus estudos, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa lista de espera.
- Alumnado que opte por cambiar de ciclo no réxime ordinario a outro tamén ordinario.
- Alumnado que solicite praza para cambiar do réxime módular ao 2º de ordinario.
- Alumnado que proceda doutros centros que desexe solicitar praza para 2º curso de ordinario ou FCT e/ou Proxecto (debe achegar certificado de estudos)
NON VÁLIDO PARA ALUMNADO QUE REPITE PRIMEIRO CURSO
PRESCRICIÓN PRESENCIAL: do 23 de xuño ao 2 de xullo ás 13 horas.
Servizos en liña da Consellería de Cultura, Educación e OU
A aplicación informática “Ciclosadmision” permite o acceso a usuarios externos autentificados nos sistemas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Deste xeito aquelas persoas participantes no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional que facilitaron un enderezo de correo electrónico válido na súa solicitude poden ser usuarios externos da aplicación informática e acceder a determinados servizos en liña relacionados co proceso de admisión.