CM de Soldadura e Caldeiraría

A competencia xeral deste título consiste en executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Neste programa inclúe os módulos de Embelecemento de superficies e Preparación de Superficies do Ciclo Medio de Carrozaría.
O alumnado vai realizar a fase práctica na empresa ourensá UNVI
Réximes: DUAL intensivo (horario de tarde)
Horario:
- DUAL intensivo (en UNVI): horario de tarde (pode variar a hora de entrada e saída cada curso en función do convenio)
Ciclo formativo de grao medio: 2000 horas /dous cursos académicos