arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorEleccións ao Consello Escolar do IES 2024


eventosformacioninnovacion
Sábado, 12-Outubro-2024
Eleccións ao Consello Escolar do IES 2024 - Foto

Eleccións ao Consello Escolar do IES 2024

No mes de novembro vanse realizar as eleccións ao consello escolar do IES 2024, para renovar os seguintes membros:

Sector Profesorado:

  • 3 vacantes

Sector Nais e Pais:

  • 1 vacante

Sector Alumnado:

  • 2 vacantes, por mandato completo (catro anos)
  • 1 vacante, por substitución (dous anos)

Sector Persoal de Administración e Servizos:

  • 1 vacante

Calendario electoral:

DATAS

ACTUACIÓNS

22

Outubro

Anuncio da data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto)

Enlace ao Anuncio

23

Outubro

Sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).

Acta do sorteo

25

Outubro

Primeira reunión (constitución) da Xunta Electoral
Acta da constitución

28

Outubro

  • Envío de circular ás nais e pais do alumnado coa convocatoria para as eleccións do seu sector, con data de apertura de admisión de candidaturas (enviado por Abalar).
  • Escrito ao Concello e a ANPA, se procede, solicitando a designación dos seus representantes.
  • Publicación na web de convocatoria para alumnado, profesorado e persoal non docente, con data de apertura de admisión de candidaturas.
  • Publicación dos censos electorais.

Do 30 ao 7

de novembro

Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (pechado).

8

de novembro

Segunda reunión da Xunta Electoral:
  • Proclamación e publicación das candidaturas.
  • Publicación dos censos definitivos por sectores.
  • Aprobación do modelo de papeletas de votación de cada sector.

Acta da reunión da xunta electoral

Sorteo de integrantes das mesas electorais.

Acta do sorteo das mesas electorais

12-13

Novembro

Prazo de reclamación á admisión de candidaturas (pechado)

14

Novembro

Resolución por parte da Xunta Electoral das reclamacións que se puideran ter presetado (sen reclamacións).

14

Novembro

Reunión de Claustro de Profesores (para dar lectura de normas[2], Relación de candidaturas)

14-19

Novembro

Comezo das distintas campañas electorais.
Envío de:
  • Circular ás nais e pais do alumnado anunciando as candidaturas do seu sector (enviado por Abalar).

19

Novembro

VOTACIÓNS dos seguintes sectores:
  • Profesorado (de 18:30 a 19:00 horas en reunión de claustro).
Acta elección profesorado

20

Novembro

VOTACIÓNS dos seguintes sectores:
  • Pais, nais e titores legais do alumnado (de 19:00 a 20:00 horas no hall do IES).
  • Alumnado (de 11:00 a 11:30 enfronte da biblioteca e de 18:30 a 19:00 horas no hall do IES).
Acta elección alumnado
Acta elección nais e pais

22

Novembro

Terceira e última reunión da Xunta Electoral:
  • Proclamación e publicación de candidatos electos.

25

Novembro

Celebración da reunión do novo Consello Escolar:
  • Constitución do Consello.
Antes do 12 de decembro Envío á Xefatura Territorial dos resultados.

[1] Resolución do 18 de setembro de 2024

[2]Decreto 92/1988, do 28 de abril, artigo 35.



Mais noticias...

Descargar Abalar en Android