
Éxito no Cross escolar
O 14 de decembro, no hipódromo de Antela en Xinzo de Limia, celebrouse a fase provincial do Campionato Escolar- Xogade de Cros, e 4 nenos da Laboral lograron clasificarse para a final autonómica que terá lugar en Poio o sábado 11 de xaneiro.
Noraboa a:
Eloy Montes, Mateo Álvarez, Anxo Durán e Mateo Carral.
que o deron todo nunha mañá preciosa, aínda que moi fría. A seguir con esa enerxía en Poio!!














