arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita ao Arquivo Histórico


eventosformacioninnovacion
Venres, 17-Xaneiro-2025
Visita ao Arquivo Histórico - Foto

Visita ao Arquivo Histórico

Tras estudar o contexto histórico e cultural da Idade Media nas aulas, o alumnado de 3°ESO puido facer unha aproximación ás formas de escritura desa época grazas ao obradoiro de escritura que oferta o Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Alí observaron a textura do pergamiño e o papiro, e probaron a súa destreza coa pluma.

Tamén coñeceron a historia e segredos do edificio, especialmente do claustro gótico con que levaron unha gran sorpresa pola orixinalidade dalgúns capiteis. Algún ata comentou que non lle chegou o tempo para velo con máis calma...


Visita ao Arquivo Histórico - Foto 2
Visita ao Arquivo Histórico - Foto 3
Visita ao Arquivo Histórico - Foto 4
Visita ao Arquivo Histórico - Foto 5
Visita ao Arquivo Histórico - Foto 6
Visita ao Arquivo Histórico - Foto 7
Visita ao Arquivo Histórico - Foto 8
Visita ao Arquivo Histórico - Foto 9


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android