arriba
Luns, 17-Marzo-2025   |    Acceso privado

 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorAdmisión alumnado ESO e Bacharelato


eventosformacioninnovacion
Luns, 20-Xaneiro-2025
Admisión alumnado ESO e Bacharelato - Foto

Admisión alumnado ESO e Bacharelato

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2025-2026

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato:

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (alumnado do CEIP Seixalvo, CEIP Amadeo Barroso, CEIP Mariñamansa, CEIP plurilingüe Inmaculada e CPR San Pío X, que pretenda facer a ESO no IES Universidade Laboral), para os efectos de RESERVA de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (onde estea a cursar 6º de primaria) ou a través da aplicación “admisionalumnado” co formulario normalizado que se publica como anexo I da orde (ED550A).

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 4 de febreiro.

Unha vez rematado este, abrirase o prazo de solicitudes de ADMISIÓN para o alumnado procedente de centros non adscritos, do 1 ao 20 de marzo, poderase facer a solicitude segundo o indicado no mesmo enlace anterior co formulario ED550B.

RESUMO DOS PRAZOS E DO PROCESO DE ADMISIÓN

  • Reserva de praza no centro de orixe (centros adscritos): do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
  • Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso antes do 1 de marzo.
  • Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
  • Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo (Alumnado de centros NON adscritos)
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.
  • Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato: 24 de xuño - 08 de xullo.


Mais noticias...

Descargar Abalar en Android