
Club de lectura
Os participantes no club de lectura de 3°ESO leron Persépolis, o famoso cómic da autora iraní Marjane Satrapi que ven de gañar o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades en 2024.
Despois da súa lectura e comentario na primera avaliación, fixeron un mural, analizando a cronoloxía e outros temas desta obra, que a partir dos seus catro tomos, nos axuda a entender, dende unha perspectiva feminista, o contexto histórico do século vinte iraní e doutros países do Golfo Pérsico.
Desexando saber que aprenderemos coas lecturas deste 2025...














