arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita da Aula de Emprendemento ao MUNCYT da Coruña


eventosformacioninnovacion
Martes, 28-Xaneiro-2025
Visita da Aula de Emprendemento ao MUNCYT da Coruña - Foto

Visita da Aula de Emprendemento ao MUNCYT da Coruña

O alumnado de Formación Profesional (1º A e 2º de Electromecánica de Vehículos Automóbiles) realizou unha actividade extraescolar ao MUNCYT de A Coruña o 16 de xaneiro, organizada pola Aula de Emprendemento.

Durante a visita, tiveron a oportunidade de explorar a evolución das telecomunicacións, coñecer avances tecnolóxicos en diversos  ámbitos coma o do automóbil e descubrir incluso o interior dun avión. Gracias a esta visita foron quenes de conectar a teoría co mundo real e de observar en primeira persoa o impacto da ciencia e da tecnoloxía no desenvolvemento social e na nosa vida cotiá.


Visita da Aula de Emprendemento ao MUNCYT da Coruña - Foto 2


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android