arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorObradoiro de Comunicación


eventosformacioninnovacion
Martes, 28-Xaneiro-2025
Obradoiro de Comunicación - Foto

Obradoiro de Comunicación

O mércores 22 de xaneiro, dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, organizouse un Obradoiro de Comunicación para os estudantes dos ciclos formativos de Automoción e Electromecánica.

O obxectivo foi mellorar as súas habilidades comunicativas en situacións cotiás e profesionais. A través de exercicios dinámicos, traballaron aspectos como a confianza, a expresión verbal e non verbal, e a superación do medo escénico,o que lles permitiu reforzar as súas competencias comunicativas, ámbito no que son conscientes que teñen que seguir afondando de cara a unha futura inserción laboral.



Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android