arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorCelebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral


eventosformacioninnovacion
Martes, 28-Xaneiro-2025
Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto

Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral

Durante toda a xornada do luns 27 celebramos no IES Universidade Laboral o Día da Ciencia.
Os departamentos de Tecnoloxía, Ciencias Naturais, Debuxo, Matemáticas e Electromecánica presentaron proxectos, obradoiros e charlas relacionadas con temas moi diversos.
O alumnado de primeiro e segundo da ESO puido iniciarse na robótica, ver o funcionamento e aplicacións dos drons, coñecer e realizar esculturas Tensegrity, coñecer os fundamentos dun ciclo frigorífico, determinar o seu grupo sanguíneo, identificar virus, bacterias e parásitos, ver co microscopio distintos tipos de tecidos, demostrar o teorema de Pitágoras, observar como as pompas de xabón saben matemáticas, aplicar o deseño 3D para representar distintos edificios da cidade, ver maquetas de tráfico creadas por alumnado e ata una radio, tamén de elaboración propia... Todo isto explicado por estudantes de cursos superiores.
En definitiva, un día cheo de ciencia, aprendizaxe, entretemento e diversión.


Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto 2
Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto 3
Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto 4
Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto 5
Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto 6
Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto 7
Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto 8
Celebración do día da Ciencia no IES Universidade Laboral
 - Foto 9


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android