
Visita teatralizada ao AHPO
O martes, 11 de febreiro, o alumnado de 3° da ESO con Oratoria, tivo unha mañá moi entretida. Paseando polas rúas de Ourense atopáronse con Freixán, un fraile da orde medicante dos Franciscanos, e Xoana, unha lavandeira. Explicáronlles como era a vida na cidade no século XIX. Comenzaron na praza do Trigo e remataron no claustro do convento atopando entre as silvanas, as anfisbenas e outros monstros antigos, o tesouro dos Franciscanos: o coñecemento.











