
Charla sobre sensibilización ante accidentes de tráfico
O martes 4 de febreiro, os alumnos de 1° curso de ciclos formativos asistiron a unha charla sobre sensibilización cos accidentes de tráfico, organizada polo Concello en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Na voz dunha vítima escoitaron o seu relato e tomaron conciencia da importancia de levar a cabo unha condución segura e responsable.










