arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorVisita a centros de Formación Profesional de Euskadi e Miranda de Ebro


eventosformacioninnovacion
Mércores, 19-Febreiro-2025
Visita a centros de Formación Profesional de Euskadi e Miranda de Ebro - Foto

Visita a centros de Formación Profesional de Euskadi e Miranda de Ebro

A Universidade Laboral está a desenvolver un importante proxecto financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Trátase do proxecto "Virtualclass HVAC4.0" no que participan dous centros do Pais Vasco, o colexio La Salle de Andoain e CIFP Don Bosco de Rentería.

No marco deste proxecto, os dias 18 e 19 de febreiro representantes dos departamentos de Instalación e Mantemento, FOL e a dirección do IES visitaron varios centros de Formación Profesional de Euskadi e Miranda de Ebro.

A visita estaba enmarcada dentro do proxecto financiado polo Ministerio de Educación. Aproveitouse para visitar tamén outros centros cos que posiblemente poidamos colaborar no futuro. Concretamente visitáronse os seguintes centros e ciclos formativos:

  • La salle de Andoain. Ciclos de Soldadura e Calderería
  • CIFP Don Bosco de Rentería. Ciclos de Mecatrónica e Mantemento de Instalacións Térmicas
  • CIFP Bidasoa de Irún. Curso de especialización en drones
  • CIFP Río Ebro. Ciclo Medio de Material Rodante Ferroviario
  • Empresa SMC, productora de material didáctico para ciclos de Mecatrónica

Temos que agradecer a todos eles o fenomenal trato recibido e a súa gran disposición a amosarnos como traballan didacticamente na Formación Profesional, as súas instalacións e organización interna.

Esperamos que nos devolvan a visita e que pronto poidamos contar con eles tamén nas instalacións da Universidade Laboral.


Visita a centros de Formación Profesional de Euskadi e Miranda de Ebro - Foto 2
Visita a centros de Formación Profesional de Euskadi e Miranda de Ebro - Foto 3
Visita a centros de Formación Profesional de Euskadi e Miranda de Ebro - Foto 4
Visita a centros de Formación Profesional de Euskadi e Miranda de Ebro - Foto 5


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android