
Convocadas axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés
O Ministerio de Educación abriu un prazo para a solicitude de axudas un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés. Vai dirixido a alumnado de bacharelato e ciclos medios de FP.
O prazo de solicitude:
- Desde o 12 de febreiro de 2025
- Ata o 13 de marzo de 2025 ás 15:00 horas
Os beneficiarios da beca asistirán a un curso organizado por empresas contratadas polo Ministerio, debendo aboar unha parte do custe.