
As mulleres que nos levaron á lúa
11 de febreiro. Para celebrar o día da nena e a muller na ciencia tivemos no IES durante dúas semanas a exposición "As mulleres que nos levaron a lúa", cedida pola Universidade de Vigo. Os distintos grupos de alumnos foron a vela e participaron nun xogo, tratando de atopar a todas as científicas das súas tarxetas. Un pequeno acto para recoñecer o papel que tiveron moitas mulleres que colaboraron nos avances na astronomía.


















