
🔬🧬Club de Ciencias 🧬🔬
O alumnado do club de ciencias realizou o mércores 19 unha actividade relacionada coa Fp que se imparte no propio instituto.
⚒⚙Realizaron unha visita ao taller de instalacións térmicas e de fluídos e ao de mantemento, onde se realizan as prácticas das especialidades de Mecatrónica, Instalacións e o curso de especialización de Drons. ⚒⚙
Realizaron unha práctica moi divertida de voo con drons onde o alumnado exerceu de piloto👩✈, e unha práctica de conexión de instalación eléctrica dun motor, de regulación e control e ciclo frigorífico, onde xurdiron infinidade de preguntas.
🤖🦾Esperamos que estas actividades sirvan ao alumnado para aprender disfrutando da ciencia.🦾🤖















