
Nanotecnoloxía
Gracias ao programa A Ponte, o 27 de marzo, o alumnado do bacharelato de ciencias, tivo a oportunidade de asistir a unha interesantísima conferencia sobre Nanotecnoloxía. Foi impartida por Francisco José Fraga, catedrático de Física e Vicerreitor da USC no Campus de Lugo.
Explicou cales eran as aplicacións actuáis da nanotecnoloxía ,en campos tan diversos como a alimentación de peixes en piscifactorías, o tratamento de enfermidades e prevención de outras, e na enxeñaría, como por exemplo unha pintura con nanopartículas de carbono que actuaría como as placas solares.
Aínda que pareza ciencia ficción, asegurou que xa sería posible, e que a falta de financiamento é o que fai que non se utilice máis.
Ademais, alumnado de 3° ESO aproveitou para facerlle unha entrevista que pronto poderedes escoitar en Radio Laboral.











