
Ruta literaria de 3º de ESO do Club de lectura
Durante catro días visitamos distintas vilas e cidades con interese literario.
O primeiro día paseamos polos muiños de Consuegra, a praza maior de Almagro e continuamos a nosa travesía ata Baeza, onde deu clase o poeta Antonio Machado e visitamos a almazara El alcázar. Xa en Granada, coñecimos a Alhambra, paseamos polas rúas do Albaycín onde recitamos o romancero de Lorca e rematamos co encontro ca autora Rosa Berbel.
Unha saída chea de anécdotas na que tivemos ata tempo de ir a coñecer a praia de Salobreña!