
Visita de exalumno e Director de coral
O martes 6 de maio, visitounos Jaime González Pichel, alumno da Laboral e interno do CRD a finais dos 80.
Foi director da banda de Vilatuxe, realizou distintos traballos discográficos, foi director das corais de Rodeiro e Botos e actualmente dirixe a Coral Polifónica do Casino do Carballiño.
Na súa conferencia, ademais de ver a evolución das bandas e da música tradicional en xeral, insistiu en todas as "ferramentas" coas que se debía encher a "mochila" na etapa educativa, para o seu uso na vida adulta.
Acompañábano varios integrantes da Coral que nos agasallaron con algunhas pezas.