
Proxecto Terra
Grazas á actividade do #ProxectoTerra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia# COAG, o noso alumnado de 3º da ESO aprende que é esencial que o espazo no que estudamos sexa adaptado a nós, porque isto condiciona o noso xeito de vivilo.
Tras analizar en profundidade o noso centro con Mar Penela de @TREES_Ecosistemas, vemos doutro xeito o deseño orixinal que fixo Julio Cano Lasso hai 50 anos.
Pero pasamos á acción e fixemos moito máis: convertímonos en arquitectas e arquitectos!!
Mediante un proceso de cocreación, primeiro analizamos o entorno, a espacialidade, a materialidade e a funcionalidade, valorando a relación interior-exterior e o mobiliario.
Despois, baseándonos nas nosas necesidades, fixemos unha tormenta de ideas para mellorar o noso centro.
Hoxe somos máis conscientes e críticos co espazo que nos rodea.
Este é o primeiro paso para deseñar a @Laboralourense dos próximos 50 anos.
#ImosAló!
#COAG @TREES_Ecosistemas #aPelDaLaboral














