
Recoñecemento da familia do hockei á Universidade Laboral
O pasado sábado 24 de maio, a Federación Galega de Hockei fixo entrega dunha placa conmemorativa ao IES Universidade Laboral no marco do seu acto anual.
Con este recoñecemento a Federación quixo agradecer no noso 50 aniversario os 25 anos que levan utilizando as nosas instalacións, campo de hockei, polideportivo e aparcamento de vehículos.
Chegaron no ano 2000 e desde entonces tivemos momentos moi destacados, como o a preparación das seleccións absolutas de hockei masculino e feminino para os xogos olímpicos de Paris, onde realizaron un destacadísimo papel obtendo unha medalla de bronce. Tamén campionatos de España e preparación para europeos. Hai escasas semanas tivemos aquí á selección española xuvenil de hockei feminina preparando o campionato de europa.
Ao acto asistiron representantes de tódolos clubs de Galicia.