
Visita de exalumno e Deseñador gráfico
Novo acto do 50 aniversario no que Ismael López Arias volveu ao IES no que estudou pouco tempo atrás.
Contoulle ao alumnado como se decidira polo bacharelato de artes tras certas dúbidas iniciais, e como despois, aínda que o que máis lle gustaba era o cómic, estudou o grado de Deseño gráfico na escola de artes Antonio Faílde para ter máis opcións laborais.
Agora segue formándose en Madrid e segue publicando cómics e acadando premios.













