
Teatro
O alumnado de Oratoria de 3° ESO comezou a semana coa visita ao IES As Lagoas para participar no Certame "Lagoas a escena". Representamos "Fóra de campo", de Rosalía Fernández Rial, coa que pretendíamos facer reflexionar ao público sobre os perigos das RRSS e as relacións tóxicas na mocidade.














