
Radio Laboral
Despois da súa charla en febreiro, Eduardo Sáenz de Cabezón volve ao noso instituto para gravar unha entrevista en Radio Laboral. Carla, Alejandro e Arón, de 1º de Bacharelato, poñen toda a carne no asador neste programa especial de fin de curso, protagonizado polo matemático máis famoso do noso país, presentador de Órbita Laika e protagonista absoluto da canle de Youtube Derivando, que ten máis de medio millón de seguidores.
Escoita aquí a entrevista









