
A Laboral no Galiciaskills
Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.
Este ano a Laboral participa con varios equipos moi competitivos. As noticias que están a chegar de Silleda son moi positivas:
- Na competición de Mecatrónica os rapacs o fixeron moi ben pero os demáis equipos están moi fortes e os nosos tiveron un pequeno tropezo.
- Na competición de Clima onte iamos de primeiros...
- En Refrixeración están con posibilidades e pode pasar de e todo... está sendo moi dura para todos
O alumando gañador de cada competición participará en el campionato nacional Spainskills e as medallas de ouro deste campionato participarán posteriormente no campionato internacional Worldskills e no europeo Euroskills. Spainskills e Worldskills celébrase no mesmo ano, nos impares, e Euroskills nos anos pares.















