arriba
 

 
PortadaseparatorNovas-NovidadesseparatorMedalla de ouro nas GaliciaSkills


eventosformacioninnovacion
Xoves, 30-Outubro-2025
Medalla de ouro nas GaliciaSkills - Foto

Medalla de ouro nas GaliciaSkills

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

O noso alumno Adolfo González Martínez de 2º de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos ven de acadar a medalla de ouro na competición de Fontanaría e calefacción.

Foi preparado para a competición polo seu titor Pablo González Núñez, a quen tamén felicitamos polo traballo realizado.

Competían con centros punteiros no ensino destes ciclos en Galicia, e que contan con tódolos ciclos medios, superiores e mesmo máster no ámbito da fontanaría e calefacción. Evidentemente outros partían coma favoritos, pero o noso equipo demostrou que con preparación e ilusión poden superarse moitas veces as dificultades de partida.

Felicitamos tamén ao resto dos alumnos participantes polo traballo realizado e a ilusión que puxeron na competición. Un exemplo da valía da mocidade que cursa a Formación Profesional galega.

Adolfo con esta medalla participará representando á Laboral, e á FP galega no campionato nacional Spainskills que se celebrará no próximo mes de febreiro.


Medalla de ouro nas GaliciaSkills - Foto 2
Medalla de ouro nas GaliciaSkills - Foto 3


Mais noticias...

PDC

Descargar Abalar en Android