
Nova xornada de liga para o COB Feminino na Laboral
O Club Ourense Baloncesto femenino recibe este sábado no noso polideportivo ao CAB Pontevedra Ence, co el objectivo de seguir invictas na liga, e confirmar así que son unhas das máximas candidatas ao ascenso de categoría.
Se no 25 aniversario da Laboral o lema foi "Educando en liberdade", porque era o que tocaba naquel momento; todos sodes coñecedores que o noso lema no 50 aniversario é "educando en igualdade". Arrancamos coa inauguración do espléndido mural de Mon Devane, que decora o noso hall e esta páxina web, e continuamos apoiando este proxecto de promoción do deporte feminino, no que a Universidade Laboral se implicou cedendo o polideportivo.
Todos desexamos que Ourense chegue a ter nun futuro un equipo feminino na máxima categoría nacional, e este é o comezo de todo, así que o sábado 1 de noviembro ás 16.00 horas convidámosvos a achegarvos ao polideportivo para animar a estas rapazas que o están a facer tan ben no inicio de liga.









