
A Laboral, xurado dos "Tinta de Lura"
Un ano máis, o noso IES participa como xurado no concurso de banda deseñada “Tinta de Lura”, que acada a súa terceira edición. Un grupo voluntario de 15 rapaces e rapazas do noso centro (dende 4º de ESO a 2º Bacharerato) están xa a ler e comentar as obras preseleccionadas que optan ao premio, tres en Galego (Rosalía Oculta, O corpo de Cristo e A miña outra vida) e otras tres en castelán (Buena Gente, Carcoma e El otro mundo).
Os votos que emitan a nosa rapazada sumaranse aos votos dos otros tres institutos participantes (IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, IES Rodeira de Cangas e IES Rosales 2 de Vigo) para fallar o premio no mes de maio de 2026, co gallo da celebración da BDra Gráfica, a feira de Banda Deseñada de Pontevedra.
Este certame permite ao noso centro colaborar con otros centros da contorna e tamén dalle a oportunidade aos rapaces de mergullarse no arte da banda deseñada e coñecer a figuras moi representativas a nivel estatal.













