
Club de ciencias 25/26
Un ano máis, unha nova actividade do club de ciencias cunha mestura de xeometría e xeoloxía.
Case 30 rapaces e rapazas acudiron, a tarde o martes 18, ao laboratorio de ciencias, para coñecer a clasificación dos poliedros, e como moitas desas formas xeométricas aparecen, de xeito natural, en minerais.
Ademais, practicaron papiroflexia, construíndo un orixinal calendario en forma de rombododecaedro.

















