
A Laboral nos retos InnovaTech 2025
Dous grupos de alumnos de FP participan nos retos InnovaTech 2025
O programa ten como obxectivo impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional.
Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de retos tecnolóxicos expostos por empresas. No caso da Laboral os retos aos que nos presentamos son os seguintes:
- Reto nº 18: Deseño de garras para a manipulación de pezas de forxa de aluminio sen marcas superficiais. Empresa CIE Galfor
- Reto nº 19: Mellora de unións multimaterial a base selante. Empresa Rodríguez López Auto











